Wednesday 08 de May de 2024

Máis de 300 nadadores participan mañá no XXX Trofeo Cidade da Coruña de Natación


A proba, que se realiza nas instalacións do Inef-Galicia, é unha das máis importantes da comunidade e a última oportunidade para conseguir marcas mínimas de cara ao Campionato de España de inverno

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, que dirixe Francisco Mourelo, informa da celebración mañá, sábado 29 de novembro, do XXX Trofeo Cidade da Coruña de Natación Memorial Eduardo Ramírez. Será nas instalacións do Inef-Galicia en Bastiagueiro, organizadas polo Club Natación Coruña coa colaboración do Concello e de
Coca-Cola.
A competición realizarase en dúas sesións: ás 11.00 e ás 17.00 horas con representación de máis de 300 nadadores de 21 clubs, os mellores galegos e dous asturianos, entre os que se encontran nadadores internacionais.
Trátase dunha das competicións máis importantes das que se celebra en Galicia e é a última oportunidade para conseguir marcas mínimas de cara ao Campionato de España de inverno, que se celebrará en Sabadell a partir do 12 de decembro.
A proba realízase en memoria de Eduardo Ramírez, un dos pioneiros da natación galega e coruñesa e un dos promotores desta disciplina, ademais de antigo presidente da Federación Coruñesa de Natación.